Convocada

Técnico/a de personal — Ayuntamiento de Oleiros

Oleiros, Galicia

Plazo pendiente de publicación

Plan de prueba disponible. Sin tarjeta.

Plazas
1
Grupo
Grupo A2
Acceso
Turno libre

Última publicación oficial: 4 de noviembre de 2026

Estado del proceso

En qué punto está el proceso hoy y qué se ha publicado hasta ahora.

Convocatoria para cubrir una plaza de Técnico/a de Personal (Subgrupo A2) en el Ayuntamiento de Oleiros mediante el sistema de oposición (turno libre). El plazo de presentación de solicitudes es de 20 días hábiles contados a partir del día siguiente a la publicación del extracto en el BOE.

A fecha de 4 de noviembre de 2026, el proceso está en «convocada» desde el 4 de noviembre de 2026. La última publicación oficial recogida es del 4 de noviembre de 2026.

Publicaciones del proceso

Todo lo que se ha publicado sobre este proceso, de lo más reciente a lo más antiguo, con su documento oficial.

1 publicación

  1. Convocatoria BOP-A-CORUNA

    Convocatoria para cubrir una plaza de Técnico/a de Personal (Subgrupo A2) en el Ayuntamiento de Oleiros mediante el sistema de oposición (turno libre). El plazo de presentación de solicitudes es de 20 días hábiles contados a partir del día siguiente a la publicación del extracto en el BOE.

    BOP-A-CORUNA-20261104-1izdicf

Plazas

Cuántas plazas se convocan y cómo se reparten entre turnos y especialidades.

Requisitos

Lo que hay que cumplir para presentarse, lo que cuesta y cómo se presenta la solicitud.

Titulación
Grado en relaciones laborales o equivalente
Nacionalidad
Española o alguna otra que, de acuerdo con el art. 52 de la Ley 2/2015 del Empleo Público de Galicia, permita el acceso.
Edad
16 años y no exceder la edad máxima de jubilación forzosa.
Otros
  • No haber sido separado mediante expediente disciplinario
  • No hallarse inhabilitado para el desempeño de funciones públicas
  • Poseer capacidades y aptitudes físicas y psíquicas para el puesto
Tasas
24,58 € · exenciones: Bonificación del 25% para familia numerosa de carácter general y del 50% para familia numerosa de carácter especial.
Solicitud
Electrónica a través de la sede electrónica del Concello de Oleiros o telemática mediante ORVE en oficinas de Correos.

fuente: BOP-A-CORUNA-20261104-1izdicf

Proceso selectivo

Los ejercicios que hay que superar, en el orden en que los fijan las bases.

4 ejercicios · Oposición

  1. Desarrollo — Temas a desenvolver

    Redacción por escrito de dos temas completos de entre tres extraídos al azar.

    120 min · eliminatorio · mínimo 9 de 18

  2. — Caso práctico

    Resolución por escrito de dos supuestos prácticos basados en la parte específica del temario.

    90 min · eliminatorio · mínimo 20 de 40

  3. Idiomas — Proba de coñecemento da lingua galega

    Traducción de un texto del castellano al gallego.

    30 min · eliminatorio

  4. — Entrevista curricular

    Entrevista curricular para valorar la adecuación al puesto, formación y experiencia.

    máx. 2 puntos

fuente: BOP-A-CORUNA-20261104-1izdicf

Temario

El programa completo de Técnico/a de personal, tema a tema, tal y como sale en la convocatoria.

60 temas

Fuente oficial del temario

PARTE XERAL

  1. 1. A Constitución Española de 1978: significado e estrutura. Principios xerais. Reforma da Constitución. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantía e suspensión. O dereito á protección de datos e garantías dos dereitos dixitais.
  2. 2. A organización do Estado español na Constitución. A Coroa. As Cortes Xerais. O Poder Xudicial. O Poder Executivo.
  3. 3. O Estado das autonomías. Modo de organización estatal na Constitución española. Caracteres do dereito á autonomía. Competencias das comunidades autónomas. Contido e valor normativo dos estatutos de autonomía. O Estatuto de autonomía de Galicia. A cooficialidade lingüística.
  4. 4. Directiva europea sobre a aplicación do principio de igualdade de oportunidades e igualdade de trato entre homes e mulleres en asuntos de emprego e ocupación e lexislación estatal e autonómica para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Lexislación orgánica estatal sobre medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
  5. 5. O dereito administrativo e o seu concepto. As fontes do ordenamento xurídico. A Constitución. A lei. Disposicións normativas con rango de lei. Os regulamentos. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. O acto administrativo: concepto, elementos e clases. Invalidez dos actos administrativos: nulidade e anulabilidade. Os recursos administrativos. Revisión de oficio dos actos administrativos.
  6. 6. O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común. O deber de resolver e notificar. Os expedientes e o seu arquivo
  7. 7. A Administración local: concepto e evolución. A Administración local na Constitución española. Regulación xurídica actual do réxime local. Entidades que comprende. O municipio e as súas competencias. Servizos mínimos obrigatorios.
  8. 8. O Goberno municipal. O Pleno da Corporación. O Alcalde. A Xunta de Goberno Local. As Comisións Informativas. Outros órganos complementarios. Municipios de gran poboación: municipios de aplicación, organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios e xestión económica-financeira. Os grupos políticos municipais. Réxime e funcionamento dos órganos colexiados locais.
  9. 9. O rexistro de documentos. Comunicacións e notificacións. A práctica das notificacións. O cidadán como cliente da Administración. O estatuto dos veciños. A atención ao público. A oficina de información e atención ao cidadán.
  10. 10. Dereito e deberes do persoal funcionario público local. Retribucións e protección social do persoal funcionario público local. Réxime disciplinario do persoal funcionario público local. Situacións administrativas do persoal funcionario público.
  11. 11. Os regulamentos e ordenanzas locais. Clases. Procedemento de elaboración, aprobación e vixencia.
  12. 12. Os bens das entidades locais: clases e réxime xurídico. As Facendas locais. Clases de tributos locais. O orzamento xeral dos entes locais: estrutura, elaboración e aprobación

PARTE ESPECÍFICA

  1. 13. O dereito do traballo. As fontes do dereito do traballo: as leis e regulamentos. O costume. A xurisprudencia. Principios xerais do dereito laboral.
  2. 14. O Estatuto dos traballadores e normativa de desenvolvemento (I): O contrato de traballo: Concepto e natureza. Elementos, eficacia, duración e contido. Información a persoa traballadora dos elementos esenciais do contrato. Os suxeitos no contrato de traballo: A persoa traballadora e a empresaria. A comunicación do contido dos contratos e das súas copias básicas ao Servizo público de emprego e o uso telemático na mesma.
  3. 15. O Estatuto dos traballadores e normativa de desenvolvemento (II): Modalidades do contrato de traballo. Contratos por tempo indefinido e de carácter temporal. Modalidades e límites. Contratación indefinida e temporal para traballadores con discapacidade. Contratos de duración determinada. Contratos fixos-discontinuos. Contratos formativos e en prácticas. Contrato a tempo parcial. Contrato de relevo. Traballo a distancia. A interinidade. Traballo en común e contrato de grupo. O período de proba. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo.
  4. 16. O Estatuto dos traballadores e normativa de desenvolvemento (III): Modificación e suspensión do contrato de traballo. Redución de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou por forza maior. Mobilidade funcional e xeográfica. Modificación substancial do contrato de traballo. Subcontratación, cesión de traballadores, sucesión da empresa. Excedencias. Suspensión do contrato.
  5. 17. O Estatuto dos traballadores e normativa de desenvolvemento (iV): A xornada de traballo. Límites xerais e especiais no tempo máximo de traballo. Calendario laboral. Horas extraordinarias e servizos extraordinarios fora da xornada laboral. Traballo nocturno, a quendas e ritmo de traballo. Descansos semanais, festas, licenzas e permisos. Vacacións.
  6. 18. O Estatuto dos traballadores e normativa de desenvolvemento (V): O salario. Concepto. Natureza xurídica. Clases. O fondo de garantía salarial. O carácter privilexiado do crédito salarial. Garantías do salario. Estrutura salarial. Liquidación e pago: lugar, tempo, forma e documentación do salario. O salario mínimo interprofesional. Elementos da nómina e cálculo. O indicador público da Renda de Efectos Múltiples (IPREM).
  7. 19. O Estatuto dos traballadores e normativa de desenvolvemento (Vi): A extinción do contrato de traballo. Prescrición e caducidade das accións derivadas do contrato de traballo. A extinción voluntaria. Extinción do contrato por causas obxectivas.
  8. 20. O Estatuto dos traballadores e normativa de desenvolvemento (VII): O Despido: Tipos de despido. Despido improcedente. Despido colectivo. Despido disciplinario. Procedemento concursal. Os despidos económicos nas Administracións Públicas
  9. 21. Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical. Real decreto 1844/1994, do 9 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de eleccións a órganos de representación dos traballadores na empresa.
  10. 22. Dereitos de representación colectiva. Órganos de representación: Delegados de Persoal, Comités de empresa, dereitos de información e consulta, competencias, capacidade e sixilo profesional, composición e garantías. O dereito de reunión. As asembleas de traballadores/as: lugares de reunión, convocatoria, votacións. Locais e taboleiro de anuncios. Representación e participación institucional.
  11. 23. Eleccións aos órganos de representación do persoal traballador na empresa. Procedemento electoral. Promoción das eleccións e mandato electoral. Reclamacións en materia electoral.
  12. 24. Órganos específicos de representación do persoal funcionario: Delegados de persoal e Xunta de Persoal. Procedemento electoral. Funcións, lexitimación e garantías. Duración da representación.
  13. 25. A Negociación colectiva e os convenios colectivos. Concepto, eficacia, unidades de negociación, concorrencia. Contido e vixencia. A lexitimación para negociar. Comisións negociadoras. Procedemento negociador. Aplicación e interpretación dos convenios colectivos. Adhesión e extensión.
  14. 26. O dereito a negociación colectiva do persoal empregado público. Normativa estatal e autonómica. Dereito á negociación colectiva: principios. As mesas de negociación. Materias obxecto de negociación. Pactos e Acordos.
  15. 27. Os conflitos colectivos de traballo: concepto, partes lexitimadas para promovelo, formas de resolución e tramitación na vía xurisdicional. Folga e peche patronal.
  16. 28. O traballo das persoas estranxeiras en España. Réxime xurídico: entrada e saída do territorio español. Situacións dos estranxeiros e permisos de traballo. Autorización para a realización de actividades lucrativas das persoas estranxeiras en España. Residencia temporal e traballo.
  17. 29. A libre circulación das persoas traballadoras na Unión Europea. Regulación do dereito. Ámbito de aplicación subxectivo do dereito. Contido do dereito. Restricións.
  18. 30. A sucesión da empresa e a subrogación empresarial. A cesión de traballadores. Responsabilidade empresarial no caso de subcontratas de obras e servizos.
  19. 31. Dereito Europeo e dereito dos países membros. Relacións coas Comunidades autónomas e entidades locais. Políticas de Emprego. Estratexia Europea de Emprego. Plans Nacionais de Emprego. Políticas Activas da Xunta de Galicia.
  20. 32. O Servizo Público de Emprego Estatal. Concepto, natureza e Réxime xurídico. Organización e competencias. O Servizo Público de Emprego de Galicia. Réxime xurídico. Competencias, fins, funcións e principios de organización e funcionamento. Centros especiais de emprego.
  21. 33. Normativa estatal e autonómica en materia de función pública (I): Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de persoal ao servizo das Administracións Públicas. Escalas e subescalas do persoal funcionario ao servizo das entidades locais e acceso ás mesmas. Persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional. Delimitación das súas funcións. Postos reservados a este persoal funcionario.
  22. 34. Normativa estatal e autonómica en materia de función pública (II): Adquisición e perda da relación de servizo. Rehabilitación da condición de funcionario/a. Regras básicas e programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local.
  23. 35. Normativa estatal e autonómica en materia de función pública (III): Ordenación, estrutura e planificación do emprego público. O acceso ao emprego público. A oferta de emprego público, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización. Mobilidade e provisión de postos de traballo. A estabilización do emprego temporal na Administración Local. A aplicación dos plans de ordenación de recursos humanos na Administración Local.
  24. 36. Normativa estatal e autonómica en materia de función pública (IV): Dereitos e deberes do persoal empregado público. Código de conduta. Dereito á carreira profesional e á promoción interna. A avaliación do desempeño. Dereitos retributivos e económicos.
  25. 37. Normativa estatal e autonómica en materia de función pública (V). Particularidades na xornada de traballo, permisos, licenzas e vacacións do persoal empregado público.
  26. 38. Normativa estatal e autonómica en materia de función pública (VI): Particularidades no réxime e na xestión de retribucións das distintas categorías de persoal empregado público da Administración Local.
  27. 39. Normativa estatal e autonómica en materia de función pública (VII): Situacións administrativas. Réxime disciplinario. Réxime xurídico do persoal empregado público da Administración local de Galicia. O rexistro de persoal.
  28. 40. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizos das Administracións Públicas. Incompatibilidades do persoal ao servizo das Entidades Locais.
  29. 41. Instrumentos de xestión dos recursos humanos: obxectivos e instrumentos da planificación. O cadro de persoal. Catálogo de postos de traballo. Relación de postos de traballo. Concepto, normativa, elaboración, publicación, execución e modificación.
  30. 42. A Policía Local en Galicia. Corpos e cadro de persoal. Réxime de funcionamento. Función pública da Policía Local. Selección, provisión de postos de traballo e mobilidade.
  31. 43. A seguridade social en España: Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social e normativa complementaria. normas preliminares. Campo de aplicación e estrutura do sistema da seguridade social. Niveis de protección: contributivo e non contributivo. Réxime xeral da seguridade social: campo de aplicación. Réximes e sistemas especiais. O réxime de Seguridade Social do persoal funcionario público.
  32. 44. Inscrición de empresas, afiliación, altas, baixas e variación de datos de traballadores na Seguridade Social. Inscrición de empresas e afiliación dos/as traballadores/as no réxime xeral da seguridade social. O sistema de remisión electrónica de datos no ámbito da seguridade social.
  33. 45. Cotización á seguridade social: Disposicións xerais e normas comúns do sistema. Concepto e natureza xurídica da cota. Suxeitos obrigados e suxeitos responsables. Nacemento e duración da obriga de cotizar. Elementos da obriga de cotizar, dinámica da obriga de cotizar, supostos especiais no réxime xeral. Cotización ao réxime xeral da seguridade social do persoal funcionario público incluídos naquel campo de aplicación, durante as situación de licencia ou permiso sen soldo, suspensión provisional de funcións ou prazo posesorio por cambio de destino.
  34. 46. Cotización á seguridade social: Determinación da base de cotización. Topes máximos e mínimos. Bases máximas e mínimas. Tipos de cotización. Cotización adicional por horas extraordinarias. Cotización durante as situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e a lactancia natural, nacemento e coidado do menor e exercicio corresponsable do coidade do lactante, e nos casos de compatibilidade do subsidio por nacemento e coidado do menor en períodos de descanso en réxime de xornada a tempo parcial.
  35. 47. Cotización na situación de alta sen percibo de remuneración. Base de cotización na situación de desemprego protexido. Base de cotización nos supostos de redución de xornada ou suspensión de contrato. Cotización na situación de pluriemprego. Cotización adicional en contratos de duración determinada. Cotización nos supostos de abono de salarios con carácter retroactivo. Cotización por percepcións correspondentes a vacacións devengadas e non desfrutadas. Cotización por salarios de tramitación. Cotización por desemprego, Fondo de garantía salarial, formación profesional de traballadores/as por conta allea. Cotización nos supostos de contratos a tempo parcial. Cotización nos contratos para a formación e a aprendizaxe e nos contratos formativos en alternancia. Cotización por continxencias profesionais nos supostos de suspensión da relación laboral. Cotización do persoal empregado público encadrado no réxime xeral da seguridade social. Particularidades no eido da Administración local
  36. 48. Cotización e recadación: Disposicións xerais sobre liquidación e ingreso de cotas e demais recursos. Disposicións xerais da xestión recadatoria e procedemento de recadación. Liquidación e recadación en período voluntario, liquidacións pola administración. Recadación en vía executiva. Prelación de créditos e devolución de ingresos indebidos. O sistema de liquidación directa no réxime xeral da seguridade social. Procedemento xeral. Intercambio de ficheiros coa Tesourería xeral da seguridade social e co Instituto nacional da seguridade social a través de SILTRA.
  37. 49. A acción protectora do sistema da seguridade social. A acción protectora no réxime xeral da seguridade social: aspectos comúns, normas xerais en materia de prestacións, melloras voluntarias. Continxencias protexibles. A protección por incapacidade temporal. Conceptos, xestión, prestación económica: contía e cálculo, beneficiarios, nacemento, duración, incompatibilidades, suspensión, extinción e prolongación de efectos. Particularidades no eido da Administración local.
  38. 50. Incapacidade permanente contributiva: concepto, graos, xestión, prestación económica: contía e cálculo, beneficiarios, nacemento, duración, suspensión, incompatibilidades, cualificación, revisión e extinción. Lesións permanentes non incapacitantes.
  39. 51. Prestacións de nacemento e coidado do menor, corresponsabilidade no coidado do lactante, risco durante o embarazo e durante a lactancia natural e coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave: conceptos, xestión, prestación económica: contía e cálculo, beneficiarios, nacemento, duración, incompatibilidades, suspensión, extinción.
  40. 52. Xubilación contributiva: concepto, xestión, prestación económica: contía e cálculo, beneficiarios, nacemento, duración, incompatibilidades, suspensión, extinción. Factor de sostenibilidade. modalidades de xubilación anticipada. Xubilación anticipada por coeficiente redutor do persoal funcionario da Policía local e do Servizo de Extinción de Incendios. Xubilación e envellecemento activo. Acceso á pensión de xubilación a unha idade superior á que resulte de aplicación. Xubilación parcial.
  41. 53. Prestacións de morte e supervivencia: tipos, suxeitos causantes e beneficiarios. A pensión e prestación temporal por viuvez: concepto, xestión, prestación económica: contía e cálculo, beneficiarios, nacemento, duración, incompatibilidades, suspensión, extinción. A pensión de orfandade: concepto, beneficiarios, xestión, prestación económica: contía e cálculo, duración, incompatibilidades, suspensión, extinción. Prestación en favor de familiares. Pensión en favor de familiares. Subsidio temporal en favor de familiares. Límites das contías das pensións por morte e supervivencia.
  42. 54. O accidente de traballo e a enfermidade profesional: Concepto. O cadro de enfermidades profesionais. A notificación dos accidentes de traballo. Incumprimentos en materia de accidentes de traballo. Normas específicas para enfermidades profesionais. Responsabilidades por falta de recoñecementos médicos. Mutuas colaboradoras coa seguridade social.
  43. 55. A protección por desemprego: normas xerais. A protección por desemprego a nivel contributivo: Concepto, beneficiarios, prestación económica: contía e cálculo, nacemento, duración, cotización, suspensión e extinción. A prestación por desemprego e a incapacidade temporal, maternidade e paternidade. A protección por desemprego a nivel asistencial: concepto, beneficiarios, prestación económica: contía e cálculo, nacemento, duración, cotización, suspensión e extinción.
  44. 56. Réximes especiais da seguridade social do persoal funcionario público . O sistema de clases pasivas do Estado.
  45. 57. Lexislación e normativa de desenvolvemento en materia de prevención de riscos laborais. Obxecto, ámbito de aplicación e funcións. Prevención de riscos para protexer a seguridade e a saúde no traballo. Dereitos e obrigas. Consulta e participación dos traballadores/as. Servizos de Prevención. Delegados de prevención e comités de seguridade e saúde: competencias e facultades. Particularidades da prevención de riscos laborais no eido das administracións públicas.
  46. 58. Infraccións e sancións na orde social. Disposicións xerais. Infraccións laborais: concepto, infraccións en materia de relacións laborais individuais e colectivas, infraccións en materia de prevención de riscos laborais, infraccións en materia de emprego das persoas empresarias e das persoas traballadoras por conta allea. Infraccións en materia de seguridade social: concepto, infraccións das persoas empresarias empresarios. Responsabilidade e sancións: normas xerais sobre sancións as persoas empresarias.
  47. 59. Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Da orde xurisdicional contencioso-administrativa: ámbito. Obxecto do recurso contencioso-administrativo. Procedemento contencioso-administrativo: procedemento en primeira ou única instancia, procedemento abreviado, execución de sentenzas.
  48. 60. A Xurisdición laboral. Proceso ordinario e procesos especiais. O exercicio da potestade xurisdicional. Capacidade e lexitimación procesal. Representación e defensa procesal. A intervención no xuízo do fondo de garantía salarial. As actuacións procesais. Evitación do proceso. Demanda, conciliación e xuízo. A sentencia. Os recursos no ámbito da xurisdición social.

fuente: BOP-A-CORUNA-20261104-1izdicf

Otras oposiciones que te pueden encajar

Del mismo puesto o cerca de aquí, con el plazo que les queda y en qué punto está cada proceso.

Plazo abierto Cierra en 12 días

Soldadura TIG

Ayuntamiento de Narón · Narón

Ver todas las convocatorias →

¿Algo no cuadra o quieres preguntarnos por Técnico/a de personal en Oleiros, Galicia?
Escríbenos a jordi@typedai.com.

Encuentra tu oposición

¿No sabes qué estudiar?

Cuéntanos cómo eres y qué buscas, y te proponemos las oposiciones que mejor encajan contigo.

Encuentra tu oposición

Del boletín al temario

¿Ya sabes a cuál te presentas?

Sube el temario de tu convocatoria a Typed AI y conviértelo en test, flashcards, esquemas y resúmenes para empezar a estudiarlo hoy mismo.