Convocada

Editor/a Vídeo — Diputación Provincial de Lugo

Lugo, Galicia

Plazo pendiente de publicación

Plan de prueba disponible. Sin tarjeta.

Plazas
1
Grupo
Grupo C1
Acceso
Promoción interna

Última publicación oficial: 19 de octubre de 2026

Estado del proceso

En qué punto está el proceso hoy y qué se ha publicado hasta ahora.

Convocatoria para la cobertura de 1 plaza de Editor/a Vídeo (grupo C1) en la Diputación Provincial de Lugo, mediante el sistema de promoción interna vertical. El proceso selectivo constará de una fase de oposición.

A fecha de 23 de octubre de 2026, el proceso está en «convocada» desde el 19 de octubre de 2026. La última publicación oficial recogida es del 19 de octubre de 2026.

Publicaciones del proceso

Todo lo que se ha publicado sobre este proceso, de lo más reciente a lo más antiguo, con su documento oficial.

1 publicación

  1. Convocatoria BOP-LUGO

    Convocatoria para la cobertura de 1 plaza de Editor/a Vídeo (grupo C1) en la Diputación Provincial de Lugo, mediante el sistema de promoción interna vertical. El proceso selectivo constará de una fase de oposición.

    BOP-LUGO-20261019-il877q

Plazas

Cuántas plazas se convocan y cómo se reparten entre turnos y especialidades.

Requisitos

Lo que hay que cumplir para presentarse, lo que cuesta y cómo se presenta la solicitud.

Titulación
Bacharelato ou equivalente
Otros
  • Antigüidade de cando menos, dous anos de servizo activo como persoal laboral fixo na praza de Editor/a Vídeo 'A extinguir'
Tasas
No indicadas
Solicitud
Según las bases de la convocatoria

fuente: BOP-LUGO-20261019-il877q

Proceso selectivo

Los ejercicios que hay que superar, en el orden en que los fijan las bases.

2 ejercicios · Oposición

  1. — Exercicio - Práctico

    Realización dun suposto práctico relacionado coas materias do programa, que poderá consistir en preguntas-simulacións, elaboración de informes ou propostas.

    eliminatorio · mínimo 30 de 60

  2. Idiomas — Proba de Galego

    Tradución dun texto do castelán ao galego ou do galego ao castelán. Exentos os aspirantes que acrediten nivel Celga 4 ou equivalente.

    45 min · eliminatorio

Promoción interna: La convocatoria es exclusivamente para promoción interna vertical, no existe turno libre.

fuente: BOP-LUGO-20261019-il877q

Temario

El programa completo de Editor/a Vídeo, tema a tema, tal y como sale en la convocatoria.

40 temas

Fuente oficial del temario

6.A) MATERIAS COMÚNS

  1. 1. A Constitución Española de 1978. Aspectos esenciais desta. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
  2. 2. Principais órganos do Estado: a Coroa e as Cortes Xerais.
  3. 3. O Goberno e a Administración na Constitución Española.
  4. 4. A organización territorial do Estado. Distintas Administracións Públicas. A administración do Estado, autonómica e local.
  5. 5. A Comunidade Autónoma de Galicia. Idea esencial das súas competencias. A súa organización institucional.
  6. 6. A provincia como entidade local. Competencias. A Deputación Provincial de Lugo: organización básica, complementaria e administrativa.
  7. 7. Principios de actuación da Administración Pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. A administración electrónica.
  8. 8. O persoal ao servizo das Corporacións Locais. Dereitos e deberes dos funcionarios ao servizo da Deputación Provincial de Lugo.

6.B) MATERIAS ESPECÍFICAS:

  1. 9. A imaxe audiovisual: Formación e características da imaxe. Encadre, resolución, relación de aspecto e frecuencia de imaxe. Exploración entrelazada e progresiva. Imaxe fixa e imaxe en movemento. Aplicación destes conceptos á edición audiovisual.
  2. 10. O sinal de vídeo: Conceptos básicos do sinal analóxico e dixital. Luminancia e crominancia. Sincronismos. Niveis do sinal de vídeo. Características xerais dos sistemas PAL, NTSC e SECAM. Transición da televisión analóxica á dixital.
  3. 11. Parámetros do vídeo dixital: Resolución, frecuencia de cadros, profundidade de bits e taxa de datos. Submostraxe de crominancia. Relación entre estes parámetros, a calidade da imaxe e o tamaño dos ficheiros. Identificación das características técnicas dun material audiovisual.
  4. 12. Formatos, códecs e contedores: Diferenza entre formato, códec e contedor. Compresión con perdas e sen perdas. Características xerais de H.264, H.265, ProRes, DNxHD e DNxHR. Contedores MOV, MXF e MP4. Formatos de adquisición, edición, distribución e arquivo.
  5. 13. A cor na imaxe audiovisual: Temperatura de cor, balance de brancos, exposición, contraste e saturación. Nocións básicas de RGB e YCbCr. Espazos Rec. 709 e Rec. 2020. Diferenzas básicas entre SDR e HDR. Conservación da coherencia de cor durante a edición e a exportación.
  6. 14. Principios da linguaxe audiovisual: Tipos e tamaños de plano. Angulacións e movementos de cámara. Campo e fóra de campo. Profundidade de campo. Función narrativa e informativa dos planos. Relación entre imaxe, son e texto.
  7. 15. Composición da imaxe: Encadre, equilibrio, peso visual, dirección da mirada, aire, simetría, perspectiva e regra dos terzos. Composición estática e dinámica. Aplicación dos criterios de composición á selección de planos e ao reencadre.
  8. 16. Teoría da montaxe: Concepto e funcións da montaxe. Selección, ordenación e duración dos planos. Montaxe narrativa, descritiva, rítmica, expresiva e conceptual. Construción do tempo e do espazo audiovisual.
  9. 17. Continuidade audiovisual: Raccord de posición, movemento, dirección, mirada, luz, vestiario e son. Eixe de acción e regra dos 180 graos. Regra dos 30 graos. Entradas e saídas de campo. Saltos de continuidade e recursos para resolvelos na edición.
  10. 18. Ritmo e estrutura dunha peza audiovisual: Ritmo interno e externo. Duración dos planos. Relación entre imaxe, locución, declaracións, música, efectos e silencio. Estrutura de inicio, desenvolvemento e peche. Adaptación do ritmo ao contido e á duración da peza.
  11. 19. Operacións e técnicas de edición: Corte, fundido, encadeado e outras transicións. Edición por inserción e sobrescritura. Edición de tres puntos. Corte sobre a acción. Planos recurso. Axuste da duración dos planos. Cambios de velocidade, conxelacións e remapeado temporal básico.
  12. 20. Sistemas de edición non lineal: Características xerais dos programas profesionais de edición. Interface, proxectos, secuencias, visores, pistas, liña de tempo e paneis de medios. Ferramentas básicas de selección, corte, desprazamento, trimado e substitución de planos.
  13. 21. Creación e configuración dun proxecto: Creación de proxectos e secuencias. Configuración da resolución, relación de aspecto, frecuencia de imaxe, audio e espazo de cor. Modelos de proxecto. Gardado automático, recuperación e organización das diferentes versións.
  14. 22. Inxesta e preparación dos materiais: Recepción, descarga, copia e verificación dos ficheiros. Comprobación dos soportes. Clasificación e visionado. Selección de tomas. Creación de proxies. Transcodificación, reenlace e consolidación de materiais.
  15. 23. Organización dos proxectos de edición: Estrutura de cartafoles e bins. Nomenclatura de ficheiros, secuencias e versións. Etiquetas, marcadores e metadatos básicos. Separación de brutos, recursos, grafismos, músicas, locucións, proxectos e exportacións.
  16. 24. Código de tempo e sincronización: Concepto e utilidade do código de tempo. LTC e VITC. Código de tempo de orixe e de secuencia. User bits. Sincronización mediante código de tempo, claqueta e forma de onda. Sincronización de materiais procedentes de varias cámaras e gravadores.
  17. 25. Edición multicámara: Preparación e sincronización dos sinais. Creación dunha secuencia multicámara. Selección e cambio de cámaras. Axuste dos puntos de corte. Mantemento da continuidade visual e sonora. Aplicación a actos, entrevistas, conferencias, concertos e programas.
  18. 26. Intercambio e recuperación de proxectos: Importación e exportación de proxectos e secuencias. Nocións básicas de XML, AAF e EDL. Reconexión de medios. Empaquetado e consolidación. Recuperación dun proxecto cando faltan ficheiros, fontes, efectos ou vínculos.
  19. 27. Edición de pezas informativas: Montaxe de noticias, declaracións, comparecencias, entrevistas e reportaxes breves. Selección de totais e imaxes de recurso. Relación entre locución e imaxe. Identificación de persoas e lugares. Respecto ao significado e ao contexto das declaracións.
  20. 28. Edición de vídeos institucionais: Características da comunicación audiovisual das administracións públicas. Montaxe de actos, campañas, visitas, presentacións e contidos de servizo público. Claridade da mensaxe, identificación da fonte e aplicación da identidade gráfica institucional. Principios de veracidade, neutralidade e respecto á finalidade pública da comunicación.
  21. 29. Edición de reportaxes e documentais: Organización de entrevistas, testemuños, recursos e material de arquivo. Construción dunha estrutura narrativa a partir de materiais gravados. Selección de fragmentos. Continuidade temática. Utilización contextualizada das declaracións e dos documentos.
  22. 30. Edición de programas, actos e espectáculos: Montaxe de programas culturais, musicais, divulgativos e de entretemento. Edición de actos institucionais, conferencias e espectáculos. Selección de cámaras. Continuidade entre intervencións, actuacións, público e imaxes de recurso.
  23. 31. Edición para internet e redes sociais: Características dos formatos horizontal, vertical e cadrado. Adaptación da duración, o encadre e o ritmo. Reels, stories e pezas breves. Inserción de subtítulos e rótulos. Creación de diferentes versións a partir dunha mesma edición.
  24. 32. Corrección básica de cor: Corrección da exposición, balance de brancos, contraste, negros, altas luces e saturación. Igualación de planos procedentes de cámaras ou condicións de gravación diferentes. Curvas, rodas de cor e máscaras básicas. Uso prudente de LUT.
  25. 33. Instrumentos de control da imaxe: Monitor de forma de onda, vectorscopio, histograma e parade RGB. Interpretación básica da información. Detección de niveis incorrectos, dominantes, recortes en luces e negros e cores fóra de rango. Comprobación visual en monitor.
  26. 34. Rotulación, subtitulado e grafismo audiovisual: Títulos, cabeceiras, créditos e rótulos identificativos. Creación, sincronización e revisión de subtítulos. Tipografía, tamaño, posición, contraste e tempo de lectura. Zonas seguras. Principios básicos de accesibilidade aplicados aos textos en pantalla. Aplicación da identidade corporativa. Utilización e modificación de modelos gráficos previamente definidos.
  27. 35. Efectos, composición básica e ferramentas automatizadas: Traballo con capas. Opacidade, máscaras e modos de fusión. Incrustación mediante chroma key. Estabilización, seguimento básico, reencadre e desenfoque de elementos. Ferramentas automatizadas para transcrición, subtitulado, limpeza ou tratamento de materiais. Revisión dos resultados. Criterios para empregar estes recursos sen alterar o significado nin a veracidade das imaxes.
  28. 36. Fundamentos e edición do son: Frecuencia, amplitude, intensidade, ton e timbre. O decibelio. Son mono, estéreo e multicanle. Frecuencia de mostraxe e profundidade de bits. Edición de voz, música, ambientes e efectos. Fundidos, ecualización básica, redución de ruído, compresión e limitación.
  29. 37. Mestura e control de audio: Organización das pistas. Axuste e automatización de niveis. Continuidade sonora. Relación entre diálogos, locución, música, ambientes e efectos. Medición de picos e sonoridade. Prevención da saturación. Sincronía entre imaxe e son.
  30. 38. Exportación e control de calidade: Configuración da exportación segundo o destino. Máster, copia de emisión, ficheiro de consulta e versión para redes sociais. Resolución, códec, taxa de bits, frecuencia, audio e espazo de cor. Revisión de imaxe, son, rótulos, subtítulos, duración e sincronización. Identificación e corrección de erros.
  31. 39. Arquivo e conservación dos proxectos: Organización dos brutos, proxectos, grafismos, músicas, locucións, másteres e versións. Copias de seguridade. Verificación das copias. Almacenamento local e compartido. Recuperación de proxectos. Metadatos básicos. Preparación dos materiais para a súa conservación e reutilización.
  32. 40. Dereitos e uso responsable dos materiais audiovisuais: Propiedade intelectual dos vídeos, fotografías, músicas, grafismos, guións, locucións e materiais de arquivo. Licenzas, autorizacións, dominio público e licenzas abertas. Dereito á propia imaxe e protección de datos. Uso de imaxes de menores e doutros colectivos especialmente protexidos. Confidencialidade, integridade dos contidos e respecto aos dereitos de terceiros no emprego de ferramentas dixitais e de intelixencia artificial.

fuente: BOP-LUGO-20261019-il877q

Otras oposiciones que te pueden encajar

Del mismo puesto o cerca de aquí, con el plazo que les queda y en qué punto está cada proceso.

Plazo abierto Cierra en 6 días

Oficial de 1ª Conductor

Ayuntamiento de Pedrafita do Cebreiro · Pedrafita do Cebreiro (Lugo)

Plazo abierto Cierra en 27 días

Peón

Ayuntamiento de Friol · Friol

Ver todas las convocatorias →

¿Algo no cuadra o quieres preguntarnos por Editor/a Vídeo en Lugo, Galicia?
Escríbenos a jordi@typedai.com.

Encuentra tu oposición

¿No sabes qué estudiar?

Cuéntanos cómo eres y qué buscas, y te proponemos las oposiciones que mejor encajan contigo.

Encuentra tu oposición

Del boletín al temario

¿Ya sabes a cuál te presentas?

Sube el temario de tu convocatoria a Typed AI y conviértelo en test, flashcards, esquemas y resúmenes para empezar a estudiarlo hoy mismo.